Cómo facer bocadiños

Hai xente que cre saber como facer bocadiños. Pensan que basta con coller duas rebandas de pan e meter no medio queixo ou chourizo. E se queren facelo rico métenlle Nocilla. E así andamos con tanta ignorancia. Un bocadillo rico de verdade ten ciencia e necesita coñecemento.

E non hai sitio onde haia máis coñecemento que nun chino. Eu non sei vos, pero cada vez que entro nun chino alucino. Alí hai bolsos, maquillaxe, radios, cravos, martelos, toallas, cortiñas, zapatos, reloxios, tixolas, tixeiras, armarios, espellos, cromos, pilas, revistas de pintar e crucigramas, caixas, lápices, marcos, … calquera cousa que exista, ten unha mostra nalgún chino dalgún lugar do mundo. Porque se non hai algo no chino que tes preto da túa casa, so tes que ir ó que está un pouco máis lonxe e alí o tes. Esa parte non sei se o terán coordinada os chinos entre si, pero o que non se pode negar é que as cousas son así. Non hai nada que non podas atopar nun chino.

Os chinos son o internet das persoas que no teñen internet. Se non tes internet porque non che interesa, porque non podes ou porque non che deixan, non te preocupes, porque no chino podes atopar o que outros buscan na rede. É o caso dos bocadillos. Se buscas cómo facelos, pois basta con ir a un chino e fuchicar por alí a ver qué atopas.

E a miña nai, que sí que ten internet, pero prefire usalo chino, atopou isto de aquí:

IMG-20150608-WA0002Ti dirás que menuda parvada, pero tes que entender que a miña nai xa ten internet no traballo e non lle gusta andar a trebellar nel cando sae. E estes trebellos son a porta ó bocadillo perfecto. Unha vez que tes feito un bocadillo vulgar colles un destes tarecos. Por exemplo, o que ten forma de estrela. Digo este porque é o favorito de Brais, que foi o encargado de facelo bocadillo corrente. A parte creativa quedou para min.

IMG-20150608-WA0004E aí estou, sendo creativa coa estreliña. Hai que facelo ben e empezar pola esquiña do bocadillo, para aproveitalo ben. Se non vos saen polo menos catro minibocadillos de cada un enteiro é que non o facedes ben. Mellor parade e ir buscar outro xeito de pasalo rato. Iso sí, primeiro recólleo todo ben e pensa nalgunha escusa por se che preguntan os teus pais qué fan todas esas tiras de pan e mortadela tiradas por aí. Se es un irmán pequeno, non teño que dicir máis.

IMG-20150608-WA0005O resultado final debera ser como este, máis ou menos. Tampoco esperes facelo tan ben coma min á primeira. Hai un truco moi bo que consiste en cortalo pan primeiro e logo meterlle dentro o chourizo ou o lombo. Iso sí, procura ter un pouco de xeito, que para todo hai que valer.

IMG-20150608-WA0006O do palillo xa é un adobío particular meu. Parece unha parvada, pero lle dá moita consistencia ó resultado fiinal. Para todo hai que saber.

Autor: Trymar

Editando e sobrevivindo dende o ano 2000

Deixar un comentario

Editorial Trymar

Dende o ano 2000

Give me back my mind

Now, you're inside my little world. Have fun!

Los fantasmas de El Pardo

Conversaciones entre Franco y Alfonso XII

ngc3660.wordpress.com/

1ª etapa 2000-2010/2ª etapa: 2016-2020

Qué Leer

La comunidad de lectores más grande de Iberoamérica

Maleducadas

Que no se comportan según las normas adecuadas de conducta. Yo leo, tú lees, ella escribe...

O blog de Uxía

Neste blog vou contar todas as cousas que se me ocorran